jueves 18.07.2019

Pedro Sánchez

O Comité Federal de outubro supón unha ruptura da lexitimidade

O Comité Federal de outubro supón unha ruptura da lexitimidade que tiñan aqueles que participaron na destitución dun secretario xeral que nomeado polas bases, só elas podían destituilo. Hoxe ás doce horas acabou a recollida de avais para poder concurrir ás eleccións do vinteún de maio. A desesperación das baronesas e baróns por seguir controlando o partido levóulles a converter a Pedro Sánchez na voz da militancia e da esquerda. A nivel local a posición da secretaria xeral e do seu grupo municipal a prol de Susana Díaz non é un feito menor. 
É unha aposta por un tipo de partido moi concreto, e se houbera dúbidas aí están os plenos muncipais onde van deixando ver as súas preferenzas. 
Estamos nun sistema de doble volta, porque se a militancia non acerta, serán as e os electores quen poñan as cousas no seu sitio. O partido socialista xógase todo a unha carta, a de Pedro Sánchez.
 

Pedro Sánchez
Comentarios