martes 24/11/20

Os nosos areais

É certo que son medidas impopulares na veciñanza daqueles concellos sen praia. Pero,  existen en moitos lugares - desde hai anos - pretendendo ser un freo á masificación das praias e dos seus contornos naturais. Si, ter zona de aparcadoiro reservado á poboación censada é unha forma de populismo. Mais, quen pode defender que as diversas poboacións locais non teñan acceso aos areais que teñen a carón das súas parroquias ou barrios?

Nos últimos anos están a chegar, cada vez máis, un maior número de turistas. Quizais vai sendo hora de pensar que tipo de negocio queremos, o que é obvio é que non queremos turismo de botellón, como así xa pasa en determinados concellos do sur de Galicia. 
Quizais, a nivel comarcal, este sexa un bo asunto para tratar conxuntamente polos nosos alcaldes e alcaldesas, intentar consensos e a integración dos intereses de toda a veciñanza de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Comentarios