Ortografía

Nunca pensaron que a ortografía ía coller tanta relevancia, verdade? É unha das cousas que trae a pandemia, máis cando moitas das relacións interpersoais estanse a dar a través das redes sociais, do WhatsApp, do Messenger e outras aplicacións. A falta do tradicional achegamento a través dos locais de ocio, agora ter a capacidade de escribir axeitadamente é necesario para causar unha boa impresión, á marxe de puntuais erros.

Claro que manter unha conversa escrita obriga a espir a alma. Así que recomendo tamén achegarse ás librerías e se me apuran, quizais para o que moitos están a pensar, viríalles mellor por exemplo Benedetti (“El amor, las mujeres y la vida”), e de aí a ter a sorte de poder pasar un fin de semana nun dos hoteis de Ferrol que si manteñen a súa actividade - grazas a esa necesidade da vida de buscar sempre unha alternativa - xa depende das capacidades das persoas de seducirse mutuamente.

Ortografía

Te puede interesar