Orcas

Estes días estivemos atentos a como unha morea de candorcas tiñan incidentes con varias embarcacións de recreo, que navegaban preto das nosas costas. A verdade que son cousas que teñen pasado noutros momentos, incluso ás xentes que practican surf. É entendible as incomodidades e sustos que este tipo de cetáceos producen nas e nos afectados, pero tamén é certo que nós “non somos donos das súas augas”, para elas somos uns elementos estraños que “okupan” o seu ecosistema.

Por iso, é necesario cuidar a nosa linguaxe. Aquí tamén vese que as palabras non son inocentes. Serven para construírmos un mundo á medida dos nosos intereses. O certo é que somos a súa zona de paso, veñen desde onde - nos tempos antigos – considerábase estaban as columnas de Hércules, cara ao norte. E como ben saben, estes cetáceos son unha especie protexida e iso, tamén, é por causa de como estamos a esnaquizar o medio ambiente.

Orcas

Te puede interesar