Non é non

Lamento non ter a tráxica ironía e a sátira características de Alexis de Tocqueville contra os representantes do Vello Réxime, aqueles que de seu afundiron a súa propia hexemonía política en Francia, para poder cualificar á actual dirixencia do PSOE e ás baronías do PSdeG. Mais o mellor do socialismo reside na capacidade de resposta e mobilización que estes días están a amosar a súa militancia.
A Agrupación ferrolá está hoxe chamada a outra asemblea extraordinaria –a ver se algún día a secretaria xeral convoca unha ordinaria para falar da súa xestión, da situación local e da “renovación” do seu liderado– e así debatir sobre o que acontece no PSOE federal. Resultará curioso verlle facer equilibrios cos seus amigos do “Ancien Régime” anti Pedro Sánchez, que onte sacáronlle a Cancela a competencia de convocalas primarias e congreso galegos porque non queren oír á militancia socialista.
 

Non é non

Te puede interesar