Mans á cabeza

Agora que andamos pola metade de xaneiro, anda o presidente Feijóo coas mans á cabeza, moi preocupado polos rebrotes da pandemia (e polo temporal de Filomena). De aquela había que “salvar a campaña do nadal”, mais non lle desexo a ganancia. E isto que sabemos todos, pretende ser ocultado pola Xunta e os medios afíns, de aí – seguramente – a teima da administración autonómica de converter á hostalería en culpables do que non son. Ou andar xogando á pita cega con Ferrol e Narón...

Pero, si que hai discursos que quedan baleiros. O da suposta superioridade do privado sobre o público, o dos recortes no ensino e na sanidade públicos. Unha dereita que nin sabe xestionar nin como vai vacinar á poboación. Claro que sempre poden chamar a Casado e a súa pala en vez da UME de Zapatero, ou ante tanta sanidade precaria, igual Feijóo pásalles un de eses papeiños a que tan acostumados nos ten o chamán do Inferniño.

 

Mans á cabeza

Te puede interesar