Irresponsable

A actitude do presidente Feijóo é a propia de quen se considera irresponsable en materia política. Incapaz de asumir ningunha autocrítica, incapaz de amosar ningunha empatía coa traxedia destes días. De aí o apagón informativo inicial nos medios públicos que controla o PP, de aí buscar fóra responsables: Portugal, a veciñanza que non denuncia aos supostos pirómanos ou tramas organizadas que buscan evitar avaliar o que se fixo mal ou, simplemente, aquelo que non se fixo. O certo é que a xente estivo soa, sen medios, sen brigadas contraincendios suficientes, sen saber ben como facer porque non se coñecen protocolos de actuación. É evidente que hai que aumentar os medios e o persoal, que non se poden permitir recortes ou que as cantidades asignadas non se executen. Que necesitamos unha política forestal e de recuperación de poboación no rural, que hai que ordenar en definitiva a nosa casa.

 

Irresponsable

Te puede interesar