Inquilinos

Aetapa de desafiuzamentos e os problemas que ocasionan o alugueiro turístico, na vida da cidadanía, ten unha contra parte positiva como é a organización das e dos afectados. Así, están poñéndose en marcha “sindicatos de inquilinos e inquilinas”, incluso no caso barcelonés -recentemente constituído- houbo unha colleita de achegas financeiras usando o sistema de micro doazóns, que permitía a calquera persoa apoiar esta iniciativa.
Resulta moi interesante que grupos de veciñas e veciños queiran impulsar a defensa do dereito constitucional á vivenda e un alugueiro accesible, estable, seguro e digno. Agora estas novas “organizacións sindicais” están nunha campaña de dar a coñecer as súas propostas e provocar cambios nas leis. Propostas que van desde garantir unha maior duración dos contratos, a volta ao IPC ou que as administracións públicas promovan alugueiro de titularidade pública.
 

Inquilinos

Te puede interesar