miércoles 16.10.2019

Habemus festas

on sei se é un desexo ou unha apreciación persoal real, creo que Ferrol está moito máis vivo este verán. Hai necesidade de darlle unha oportunidade á vida. Mais, hai un sector de xentes que parecen gustosos da autoflaxelación. 
Había quen dicía que este ano íamos quedar sen festas, ou que ían ter unha dimensión tan cativa que para qué... Erraron. Aproveitemos para facer das nosas rúas, prazas, praias ou de calquer recuncho unha reivindicación do orgullo de ser ferrolá e ferrolán. 
Aproveitemos todo o que vén engadido, desde a feira medieval desta fin de semana ás festas parroquiais da Graña (que sei que saen con moito esforzo persoal). Botémonos a reivindicar que hai un Ferrol en positivo, que gusta do ocio e da música. 
Que se nos teñen que contaminar que non sexa “polo fume que asfixia o aire”. Fagamos “as paces nun pispás” para así non emigrar “a unha illa do Caribe” porque aquí “a choiva é arte”.

Habemus festas
Comentarios