Fraternidade

O martes houbo unha importante manifestación a prol dos dereitos das e dos traballadores, simbolizada na solidariedade dos catro principais sindicatos (UGT, CCOO, CIG e CGT) en favor de Xosé Anxo López Pintos, procesado por unha concentración ante o Hotel Almirante, nas autonómicas do 2012.

Deséxolle a Pintos que saia absolto no próximo envite xudicial na Audiencia Provincial. Aquí non hai marxe para discrepancias porque é obvio que, a inxustiza que se está a cometer con el, é polo seu compromiso social, polo tanto, é un ataque aos dereitos e liberdades de todas as persoas.

Unha das cousas salientables deste martes, foi ver a pluralidade de alcaldes e alcaldesas que participaban, a pesar das eleccións xerais do vindeiro 10N e das leas internas de Cataluña. Quizais sirva para ter conciencia da importancia que ten, ante os grandes retos, sumar e camiñar xuntos. A fraternidade abre as grandes alamedas.

Fraternidade

Te puede interesar