martes 26.05.2020

Ficción

Permítanme trasladarlles o guíón dunha curtametraxe que ronda

Permítanme trasladarlles o guíón dunha curtametraxe que ronda pola miña cabeza. Unha cidade media, achegada ao mar con lendas de vellas invasións, pero na época actual. Inverno, frío, choiva. O noso personaxe principal. Profesión liberal. Xurista. Progre e con afán de facer cousas por cambiar o mundo ou que busca o recoñecemento para a súa promoción? Esa é unha das cuestións a dilucidar na trama.
O noso personaxe defende a un acusado do asasinato da súa muller. Pero aquí non imos cuestionar a presunción de inocencia. O noso personaxe xa dixemos que é progre, contrario á violencia machista, ten de socia a unha “loitadora” feminista, esta á súa vez ten unha filla que atende a mulleres agredidas. Como resolverá o noso personaxe a “aparente” contradición entre ética, estética e negocio? Aludirá ao dereito a unha boa defensa para escapar dela? Banda sonora: “Money” de Lisa Minelli
 

Comentarios