FERRROL CRE

Hai cousas xa imparables. As crebas producidas o 25 de maio obriga aos partidos a abrir as súas ventás para que entre o aire fresco. E no Partido Socialista non podía ser menos.
A elección do novo secretario xeral do PSOE “á galega” é unha consecuencia desa crise de lexitimidade que sae das recentes eleccións europeas. Veremos se finalmente sae Sánchez co que Tapias reste a Madina, ou se pola contra aqueles que avalaron ao segundo, van agora votar por este último, para asegurarse que a vella garda marche.
Pero, iso non abonda. Hai que recuperar a credibilidade e a militancia perdidas. Novos mensaxes e novas voces, para un tempo novo. De aí as recentes xornadas “Ferrol Cre” das súas secretarías de política municipal e de comunicación. Unha aposta por unha nova cultura política, que debe ubicar aos socialistas no corazón dunha cidade que cre na súa xente.

 

FERRROL CRE

Te puede interesar