POR FERROL

A s esquerdas ferrolás teñen que aproveitar a súa ocasión para facer unha aposta, de verdade, pola cidade. Hai necesidade dun verdadeiro programa conxunto que deseñe o futuro a curto e medio prazo, pero tamén sen cometer o erro de querer cambialo todo facendo penitencias innecesarias e alimentando á dereita.
O inmediato é unha auditoría das contas e frear pelotazos urbanísticos como o proxectado coa remodelación do mercado de Caranza. Tamén, hai que ter en conta como facer fronte á reforma local impulsada polo PP que pretende coaccionar aos concellos. Isto non é asunto menor. Por exemplo, afecta a como remunicipalizar a auga, a limpeza ou recuperar servizos sociais básicos.  
Non se trata, simplemente, de xestionar ou representar. Senón, de recuperar a política con maiúscula, de ensanchar a democracia e o empoderamento da xente. Primeiro as persoas.

 

POR FERROL

Te puede interesar