Ferrol - La Rochelle

emos como a recente visita das concelleiras de Turismo e Patrimonio Histórico, Mayte Deus e Eva Martínez, á localidade francesa da Rochelle, para participar no proxecto europeo MMIAH, trae novas moi interesantes para traballar a prol do desenvolvemento de Ferrol no eido da promoción e da recuperación do patrimonio marítimo, militar e industrial e cunha serie de medidas que van a axudar a promover o Camiño Inglés e á recuperación do valor urbanístico da Magdalena, A Graña e Ferrol Vello.
Liderar e darlle un impulso a este programa, potenciar o Castelo de San Felipe, ou traballar por recuperar a nosa historia militar e das baterías –que datan do século XVIII en adiante– son cousas que van na recuperación da nosa paisaxe costeira e iniciativas que dan unha visión da potencialidade de Ferrol. Así, non menos importante resulta a reformulación, tan demandada, da Empresa Municipal de Turismo.

Ferrol - La Rochelle

Te puede interesar