Ferrol en Fitur

oca facer balance da presenza de hai uns días de Ferrol na Feira Internacional de Turismo, considerada a segunda máis importante do mundo. Pero a evidencia é que as cousas non foron como parecen que tiñan que ser, nin como desenvolveuse a presenza institucional, nin o propio programa que, a bote pronto, parecía máis para cubrir expediente ás présas. Sería bo que alguén explique se, como parece, é necesario facer unha proposta moito máis ambiciosa. 
Que nin estean as diferentes rutas do turismo naval, ou que se deixara fóra a promoción da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, a diferenza doutras propostas que tamén hai en Galicia, non parece o máis atinado. E así, con máis propostas. Igual Ferrol necesita tamén cambios neste eido, un plan que integre todas as nosas potencialidades e cambios na xestión dunha xerencia de Turismo que necesita empaparse do devir da cidade.
 

Ferrol en Fitur

Te puede interesar