Embigos

acontecido este sábado na rúa Pardo Bajo en Ferrol, pero tamén en moitas localidades galegas, é síntoma de cousas que están pasando desde a supresión do estado de alarma. Amosa, de xeito claro, que ninguén está ao mando en Galicia na verdadeira desescalada. Os concellos fan o que poden, mentres o presidente Feijóo está –como hai meses– unicamente á campaña electoral, máis porque se hai que reprimir determinados comportamentos sempre é impopular en período electoral.
Agora que o “papel de malo” corresponde á Xunta de Galicia que sexan as policías locais ou as asociacións de hostaleiros quen asuman unhas tarefas para as que non están preparadas, cando ademais o caldo de cultivo foi a rebelión que, desde o primeiro momento, houbo nos ultras e na dereita para boicotear ao Goberno de España. O certo é que a mensaxe que transmitiron foi ben clara: o comunitario non importa, só o embigo de cada quen.

Embigos

Te puede interesar