Despois do 10N

Estes días a cocteleira local é unha mestura de tres cousas: a resaca do último pleno municipal, a vitoria socialista nas eleccións xerais do 10N e o acordo previo, para un goberno estatal, entre PSOE e Unidas Podemos. 

Aquí, no último pleno, houbo quen xogou a visualizar que Ferrol ten un goberno en minoría, e hai quen pensa que é o inicio do bloqueo contra Ángel Mato e o grupo socialista. O tempo de gracia acabará coa aprobación –ou non– dos novos orzamentos municipais.

Así e tras o 10N, o PP local terá que afinar para non alimentar a unha ultradereita, que xa ninguén dúbida, que contaría hoxe con presenza no Concello. Comunes e nacionalistas son incapaces de explicar porque só as súas coincidencias coa dereita local “si son un feito do normal funcionamento democrático”. En calquera caso, a cidadanía acaban de castigar tanto aos que bloquean, como aos que negan a colaboración entre as esquerdas.

Despois do 10N

Te puede interesar