Que salga Aznar! Que volva a vir con aquela historia de que privatizar o sector enerxético ía traer maior competencia e uns custes máis baixos para as familias, lembran? Que sentido ten deixar un ben estratéxico coma a electricidade nas mans dun oligopolio? Que sentido ten que o último operador, que produce a electricidade máis cara, sexa quen marque o custe diario da nosa factura?
Precisamente, a necesidade de regular o sector implica a intervención do Estado que non pode ser máis que desde a xestión dun forte sector público, obriguando a unha producción axeitada da electricidade e a unha baixa da factura. A privatización que fixo o PP é responsable directo da actual situación no encarecemento das tarifas eléctricas. Causa fortes desaxustes tanto nos fogares como na organización das empresas, que deben adaptarse aos caprichos das eléctricas.
Vai sendo hora de rectificar.