sábado 06.06.2020

Augas de Ferrol

Cando cruzamos a sentenza 62/2018 do Contencioso- Administrativo de Ferrol, que foi ratificada polo TSXG, coas declaracións dos actores políticos e sociais, vemos a existencia de dous relatos e só un vai adiante.

Así, fronte a idea do pago pola depuración, págase a taxa da auga polo arranque do sistema, tal como recolle a ordenanza propia no seu artigo 2. A sentenza reflicte o informe da Intervención Municipal que constata que a supresión da taxa afecta á estabilidade financeira do Concello de Ferrol. De aí a orde xudicial de pasar o cobro da mesma á cidadanía.

A orixe do problema está na recepción das obras, co convenio entre Rey Varela e Augas de Galicia en maio de 2014, e na entrada en vigor da súa ordenanza fiscal. 

Aquí debemos sumar unha espiral de erros que deberan traer algunha reflexión, porque –evidentemente– esta dúas sentenzas obrigan a non repetilos e a outra estratexia municipalista.

Comentarios