Andalucía

A fortaleza do PSOE andaluz confrontado contra Rajoy, leva por diante ao PP. Tamén, limita os efectos da irrupción de Podemos. O PSOE segue a ser a forza central en Andalucía.
O PP perde a terceira parte. Os máis á dereita van a Cidadáns e os máis centristas a Podemos. Estes últimos sumándoos aos votos que reciben de IU e de novos votantes, logran ser os terceiros, pero non son determinantes no novo parlamento. Agora, xa son “casta”, toca definirse (#tic-tac).
Os Cidadáns de Albert Rivera crece a costa dos PP, UPyD e PA. Dende IU deben facer autocrítica, máis sendo os seus feudos tradicionais. A súa debacle non vén pola súa coalición cos socialistas, senón porque estaban comodamente instalados como parte do sistema.
Galicia non é Andalucía. Pero, parece máis evidente que aquí Podemos vai pinchar. Alegría en AGE, máis na Anova de Beiras e Martiño Noriega.

 

Andalucía

Te puede interesar