Miércoles 26.06.2019

A batalla de Madrid

A alcaldesa de Madrid, Manuel Carmena, buscou o apoio do PP para aprobar o seu Plan Económico e Financeiro. Con ela Podemos e Iglesias, enfronte o Partido Socialista, IU e Ciudadanos. Non quería batallar contra o ministro Montoro e agora no novo orzamento os investimentos en políticas sociais, limpeza, medio ambiente e os destinados aos barrios obreiros da capital española terán unha baixada dun 71%, así como a conxelación salarial para as e os traballadores municipais.
O PP gaña a batalla de Madrid. Tras a súa derrota municipal, cunha xestión dubidosa, moita dela nos tribunais de xustiza e cando a esquerda logra sanear as contas públicas, a dereita impón o seu programa facendo trampas na regla de gasto e usando o goberno de España para intervir a autonomía municipal. Podemos e Ahora Madrid teñen un grave problema. O PSOE a obriga de ser quen de levantar unha nova política.
 

A batalla de Madrid
Comentarios