domingo 17.11.2019

2015

O problema da crise reside nas incapacidades das esquerdas, que non son quen de buscar unha saída a esta abafante situación. Todas están presas dun institucionalismo estéril, que pasa por riba dos problemas da xente.

Iso dase porque, sobre todo, hoxe son marcas electorais e os seus militantes máis coñecidos aspiran máis a ser cargos públicos que a transformar, e moito menos a enfrontarse, á dereita tecendo unha resposta dende a propia sociedade. Vémolo en Ferrol. A cidadanía está na rúa, pero falta de dirección.
Haberá novo goberno tras as municipais do 2015. Saben as esquerdas que xa non é posible seguir co mesmo modelo de xestión dos últimos trinta anos? A dereita desmantela os servizos municipais, pretende acabar coa autonomía dos Concellos, deixa en mans das entidades da Igrexa a solidariedade (rebaixada a caridade). Como vanlle devolver o poder aos cidadáns?

2015
Comentarios