Truco e trato

No pasado pleno municipal FeC adoptou unha decisión moi beneficiosa para as concesionarias dos servizos esenciais do concello e obviamente non podería telo feito sen a estimable colaboración do PP e o PSOE. Desde o xoves, as até agora coñecidas como taxas de abastecemento, recollida de lixo e saneamento deixaron de ser taxas e convertéronse en tarifas. 
Isto que semella un simple cambio de nome, esconde unha fonda carga política. 
E é que as taxas son tributos e están suxeitas á lei de facendas locais, o que implica que o seu importe non pode exceder do custe real do servizo. Nas tarifas ese principio desaparece e as empresas poderán cobrarnos de máis por servizos esenciais e ademais será legal.
O trato ao que PP, PSOE e FeC chegaron é un obsceno truco para permitir que en Ferrol o raposo siga a coidar das galiñas e no canto de retirarlle o cobro das taxas ás concesionarias se lles dá total liberdade para facer negocio non só cos nosos cartos senón tamén coas nosas vidas.

Truco e trato

Te puede interesar