Se os coches voasen

Se algunha polémica sementaron os orzamentos municipais de aquí a 2019 é a supresión do aparcadoiro de Armas. Xustificar este aparcadoiro só é comprensible desde unha postura que se opoña á peonalización da Cidade. E este obxectivo é tan evidente que nin PP nin C´s se atreven a cuestionalo directamente.
A Magdalena será peonil máis tarde ou máis cedo porque non hai opción para a supervivencia dos centros das cidades que non pase por un proceso de recuperación do espazo público para a veciñanza. E a razón fundamental da vampirización dos centros históricos polos coches é precisamente a posibilidade de aparcar neles. Centos de coches circulando sen destino e co único fin de aparcar.
Por iso a súa argumentación é tan fráxil e inconsistente. Porque só se xustificaría se os coches voasen. Pero os coches non voan e permitir que cheguen até un aparcadoiro no corazón da Magdalena é incompatible co inexorable proceso de peonalización. Como fráxil e inconsistente é que FeC considere a posibilidade de desenvolver un novo aparcadoiro na Praza de Amboaxe. Só xustificable por asumir a peonalización como un lema de axitación política pero sen ningunha consecuencia práctica.

Se os coches voasen

Te puede interesar