Non fai falla ser un concienciudo analista para decatarse de que o tratamento mediático que reciben unhas organizacións e outras dista moito de ser equitativo nesta suposta democracia da liberdade de prensa. Só é preciso comparar as portadas dos medios nesta cidade o día posterior á presentación da candidatura do PP e das primarias! do PSOE coa do BNG para ver a diferenza.
As argumentacións para xustificar esta disparidade serán abundantes pero no fondo resúmense nun corolario final: Algúns teñen dereito a todo e obriga de nada.
PP e PSOE teñen dereito a primeiras páxinas, entrevistas a dobre cara, máis minutos na TV e radios porque si e punto. Pero se a noticia é que unha sentenza xudicial afirma que o PP é un partido corrupto...“40 segundos de vídeo como máximo!” Mais como din os xornalistas da TVG, que están a protagonizar os venres negros denunciando a manipulación informativa, acabáronse as lamentacións e é que nunca os cambios se teñen producido coas mesmas armas do sistema.