Política con K

Se algunha característica se pode extraer do paso esporádico polas institucións é a diferente percepción que se transmite da realidade desde dentro e desde fóra delas. 
A participación nelas transforma a ideoloxía nun concepto informe que se acomoda ao sistema por dúas vías. Ou se afirma que a visión externa dos problemas é incompleta e por tanto errada ou se afirma que a maleabilidade ideolóxica é a mellor opción no contexto actual, a única nun marco político e económico que se considera inmutable. É dicir, hai que adaptarse ao sistema si ou si. Quen non pase polo aro e decida manter os mesmos principios políticos dentro e fóra, aínda que sexa en base a un maior coñecemento dos problemas será desprezado. Tanto polos políticos amansados que os considerarán marxinais, sectarios ou inflexibles segundo o grao de tolerancia democrática de cada quen como polos intérpretes da política contemporánea. Intérpretes infalibles que solicitarán mesura e ton relaxado para dar solución a unha Cidade cos novos no paro, os vellos mantendo dos netos e o resto de nós sen querer ver. Será porque fan política, pero debe ser política con K.
 

Política con K

Te puede interesar