viernes 7/8/20

Matar a un reiseñor

O concepto da clase política concibe unha sociedade conformada por dous grupos

O concepto da clase política concibe unha sociedade conformada por dous grupos: un maioritario dominado por outro minoritario. É difícil crer que a corporación ferrolá poida ter ese poder por si soa, mais iniciamos 2017 coa idea de que o problema é unha inútil clase política incapaz de superar as diferenzas. A realidade é que pouca discusión hai nunha cidade na que os principais temas son furtados do debate político. O goberno silencia as dependencias do Estado deixándose ir como sucede co convenio con Defensa, desenvolve as liñas trazadas polo PP, como sucede coa política económica sen xustificala nin nos plenos municipais e as súas propostas, como a peonalización, non saen do plano das ideas mentres o PP reclama a autoría da acción de goberno ao tempo que a censura. Alén diso se o alcalde considera que debe actuar con maior rigor e seriedade, é a súa responsabilidade. Mais iso non é un problema da clase política senón de políticos con clase e renunciar á batalla é lexítimo, mais matar reiseñores no camiño é un acto malvado.
 

Comentarios