Mastergate

Acreatividade do sistema non deixa de sorprenderme e recoñezo que a capacidade de reacción no caso Cifuentes foi espectacular pola súa celeridade e mensaxe pero sobre todo polo magnífico epílogo de Podemos resgándose as vestiduras polos ataques persoais cando existe polo menos a dúbida razoable de que ela mesma forme parte de todo este trampantollo do roubo no Eroski.
Pero se pensamos que Podemos xurdiu da Universidade e que pasou de puntillas sobre o negocio dos títulos académicos que este caso deixou en carne viva e a suposta liberdade de cátedra dun profesorado homoxéneo na súa conformación e ideoloxía e moi lonxe de ser representativo da sociedade decatámonos de que nada é casual e Podemos forma parte deste sistema poliédrico a 4.
Máis aínda cando o corolario do novelón non é que a corrupción está instalada na Universidade e na súa relación coa política. Uns acadando cos títulos regalados unha pátina de superioridade científica que supostamente dota de rigor o exercicio do poder e os outros conseguindo unha relación íntima con este que afianza o seu negocio. A conclusión é que esta señora está enferma e por tanto é un caso illado, porque enfermos pode habelos en calquera partido político.

Mastergate

Te puede interesar