Leóns por cordeiros

Dicía Maquiavelo que un gobernante debería ser león para enfrontarse aos lobos e raposo para superar as trampas. Pero nesta cidade contamos cun goberno de cordeiros que está tan lonxe de enfrontarse aos lobos do PP como de superar as trampas do PSOE. Se PP e PSOE quixesen presentar unha moción de censura xa o terían feito do mesmo modo que acordaron retirarlle as dedicacións ao goberno ou entorpecerlle os trámites administrativos.  Pero se FeC tivese algunha intención de mudar a Cidade non pactaría co PP cargar co morto dunha EDAR defectuosa nin recorrería ao PSOE para non anular un convenio con Defensa de usura. Se tivese vontade de cambio denunciaría o acceso Sur ao Porto Exterior ou a inminente reestruturación en Navantia e non permitiría que na Autoridade Portuaria seguise presente o PSOE nin incrementaría a representación do PP nas comisións informativas. E se no fondo nada cambia tan covarde é que PP e PSOE non presenten esa moción como que o goberno pida que o fagan mentres asina a política do PP. 

Leóns por cordeiros

Te puede interesar