Lawrence de Arabia

Ou de Venezuela, e é que a política ferrolá ten vocación de liberadora de todas as patrias excepto da súa. Cando Zapatero contratou as corvetas venezolanas políticos ferroláns do PP tachaban a Chávez de ditador. Hoxe o alcalde comparte criterio procurando a cuadratura do círculo dentro da mellor tradición de a Dios rogando y con el mazo dando ao apelar á ONU para resolver a tiranía en Arabia mentres avala contratos no aire. Estas afirmacións demostran que máis aló do pouco que significan as palabras dos políticos ferroláns para Navantia, algo de honestidade non viría mal para lembrar que os estaleiros da ría seguen no gueto militar coa súa complicidade. Para aclarar porque un morto sirio é diferente dun iemení e para abandonar o absurdo de crer que hai buques de guerra pensados para a paz. Exixan que os estaleiros da ría produzan petroleiros, que o Ministerio de Defensa gaste menos en pistolas e pague IBI na cidade e censuren as invasións en Oriente Medio das últimas décadas, e entre tanto menos demagoxia..

Lawrence de Arabia

Te puede interesar