Las niñas bonitas

Días atrás escolleuse o que será candidato do PSOE ás eleccións municipais en Ferrol en 2019.
Que o candidato socialista e o popular son dúas preciosidades que adoran os medios locais non é máis que a proba empírica de que son caras distintas da mesma moeda.
Os dous gobernaron a cidade. Os dous avalan os principais contratos que padecen os veciños e veciñas: desde o contrato do lixo até os acordos co Estado para facer que Ferrol pague as obras do saneamento, pasando por un convenio con Defensa que se sustenta nunha operación especulativa iniciada por Ángel Mato e continuada por Rey Varela. 
Pero no lonxano oeste da política ferrolá non hai sitio para dous forasteiros reinseridos despois de aventuras no estranxeiro. Porque se algo queda claro neste tempo que levamos de precampaña é que os seus argumentos ademais de idénticos soan a vello, a rancio e a palabras baleiras que las niñas bonitas ya no queremos. Será que na diáspora o tempo se fai eterno pero en Ferrol nin somos bonitas nin o queremos ser.

Las niñas bonitas

Te puede interesar