jueves 14.11.2019

Galizara

Suxería Carlos Blanco que a mellor maneira de acadar a independencia

Suxería Carlos Blanco que a mellor maneira de acadar a independencia era que Amancio Ortega mercase a nosa liberdade a España e de paso rematar coa dicotomía Galicia-Galiza mudando o nome do país por Galizara. Quizais esta solución inspirou ao goberno local a suxerir recalificacións urbanísticas exclusivas para Inditex que demostran a súa renuncia a calquera obxectivo político, se é que algunha vez o tivo. Púidose ter peonalizado o barrio de A Magdalena. Púidose ter recuperado a concesión do transporte público e definir un servizo que suplise o tráfico suprimido. Púidose gravar aos propietarios de baixos baleiros con fins especulativos e bonificar aos propietarios dos ocupados. Puido e pódese facer moito para revitalizar Ferrol coa evidente resistencia ao cambio desde a perspectiva política contraria. Pero decidiron non mover moito o avespeiro e procurar que todo siga coma sempre con tan mala sorte que Amancio decidiu alterar este letargo eterno. Aínda así o único que provocou é unha tímida reacción diplomática baseada en misivas dun goberno enfastiado que non atopou nin resposta.

Galizara
Comentarios