Galiza existe

Desde que España decidira en 2011 rescatar aos bancos cun pacto entre PP e PSOE aconteceron moitas cousas. Aquela traizón social deixou en carne viva as contradicións dun Estado que hoxe xustifica como democrática a masiva presenza mediática de VOX ao tempo que silencia e criminaliza o nacionalismo. Así, que un parlamento como o madrileño aprobe ilegalizar aos partidos independentistas considérase un exercicio de liberdade ideolóxica pero solidarizarse cun sindicalista en Ferrol ou censurar ao Rei en Cataluña é atentar contra o Estado de dereito. Pese a todo o nacionalismo incrementou a súa presenza en Madrid e é nas nacións sen estado onde a ultradereita ten máis dificultades. O PNV arrasou, Bildu obtivo grupo parlamentar, o independentismo catalán sumou o seu mellor resultado da historia e o BNG chega aos 120.000 votos recuperando a súa presenza no congreso.

E neste contexto tan convulso onde só fixeron falla 4 anos para comprobar que sen o BNG Galiza carece de voz propia só hai dúas opcións: ou o Estado recoñece esta realidade democrática e acepta abordar cuestións fulcrais como o dereito de autodeterminación e o sistema de financiamento ou insiste na vía da negación, a intolerancia e a xenofobia que estas eleccións deixaron tamén patente.

Galiza existe

Te puede interesar