Catalunya e nós

As eleccións do 21D terán consecuencias para a nosa realidade política máis aló do evidente conflito entre nacións e estado.
A primeira idea é que en Catalunya os partidos tradicionais están destruídos. CiU desapareceu no camiño, o PSC pasou de ser referencial a intranscendente e o PP converteuse en marxinal. A excepción podería ser ERC que a pesar diso foi vítima de JxC en cuestión de días. E se isto é transmutable á nosa realidade política non tardaremos en sabelo.
A segunda reflexión ten que ver co feito de que o debate en Catalunya, a pesar dos intentos desesperados de PSOE, IU e Podemos, non se mide nin de lonxe en termos de esquerda-dereita e por moito que aquí nos tiremos a manta á cabeza nalgún momento imos ter que enfrontalo.
E a terceira idea é que por decantación C’s exemplifica mellor a idea dunha España única que un PP pragado de corrupción e tan reaccionario como C’s pero até agora tisnado en Galiza de paternalista. Unha realidade política cómoda até agora para o PP pero que quizais lle obrigue a desvendarse e aos demais a enfrontar ese debate sen circunloquios.
 

Catalunya e nós

Te puede interesar