Como bágoas na chuvia

Estes días o Consello de Ministros vetou a transferencia da AP9 a quen a pagou, galegos e galegas, a pesar de permitir que esta vía mudase de dono 5 veces en 37 anos.
Esta transferencia foi sempre negada polo Estado sen importar a cor máis colorada ou azulona do Goberno. Sempre con argumentos absurdos como que é unha vía de interese estatal por ter un trazado “internacional” ao prolongarse cara Portugal. Quizais os ministros españois non soñan con ovellas mecánicas pero si cun muro que impida a relación entre Galiza e Portugal que tanto empeño poñen en negar. A anécdota desta vez é que o Estado impide o debate dunha proposta do parlamento galego e ante a cal o Goberno e os partidos estatais aquí residenciados gardan un devoto silencio en vez de esgrimir a vontade política dun pobo e non aceptar que as súas palabras se perdan como bágoas na chuvia. Para despois, senón é molestia preguntar porque hai 8.000 euros para rescatar as radiais madrileñas e ningún para as vías galegas.
 

Como bágoas na chuvia

Te puede interesar