As fase do dó

Ultimamente abundan as voces na corporación que reclaman diálogo ante a situación municipal. Unha reivindicación asentada na nada, eludindo os problemas de fondo e con máis nostalxia que esperanza que encaixa á perfección coa fase da negociación dun proceso de dó. Dó xustificado nunha cidade que ten sufrido perdas irreparables nos últimos anos e que explican que entrásemos de cheo na fase da ira e na procura de todo tipo de culpables, desde os políticos locais até os traballadores en folga pasando polo simple feito de ser ferroláns. 
Pero como toda etapa o importante é superala e isto é o problema. O PP permanece na fase da negación, asegurando que aquí nunca nada pasou e que en todo caso se algún problema hai son os actuais vagos e mareantes. Mentres o goberno instalado na fase da depresión afonda no seu illamento para sobrevivir nunha realidade que considera inmutable. E como sigamos sen verbalizar as causas dos problemas para poder falar sen tabús e chegar á última das fases, a aceptación, encarando un cambio radical seguiremos a reclamar un diálogo construído sobre palabras baleiras.

As fase do dó

Te puede interesar