Con acento gallego

A exitosa serie de televisión Fariña, ademais de narrar a historia da droga en Galicia, está a pór de manifesto un aspecto sociolingüístico interesante. Semella ser a primeira vez que os galegos non nos avergoñamos do noso acento. Superariamos o autoodio? Ou obedece ao feito de que os actores son galegos e usan o seu acento natural falando en castelán e non españois parodiando a nosa fonética? Pero, máis rápido que os prexuízos, desaparecen falantes. Tras séculos de opresión lingüística, o galego, á parte de ser lingua minorizada, xa é ou está a piques de ser minoritaria no seu territorio. O descenso acelerado dos últimos anos hai que agradecerllo ás políticas de Feijoo incumprindo leis aprobadas polo seu propio partido. Oxalá un 30% das materias escolares se impartise en inglés e outro 30% en galego, como establece o Decreto de plurilingüismo, pero nin iso. E que boa parte da publicidade da televisión autonómica e dos temas de Radio Galega Música non fosen en castelán. Mais isto debe formar parte do que o presidente da Xunta denomina “galleguismo integrador”. 
 

Con acento gallego

Te puede interesar