Por outras prendas estamos a esperar

xa teño os meus anos, como talvez recorde algún que me dí que lee as letras que aquí xunto de cando en vez, así que podo presumir de que poucas cousas espantan aos meus miolos. Mágoa que, despois de ver nos últimos días como unha das grandes cuestións políticas, e cidadáns, deste Ferroliño -que Deus nos asista- é a de renomear prazas, vexa e escoite o que nin ollos e ouvidos, novos ou vellos, terían xa que percibir. 
Supoño que todo isto –non sei se vostedes poden compartilo– ten moito que ver co feito de que ámbalas dúas prazas son noviñas e que, por elo mesmo, queda moito mellor recoñecer nas mesmas a muller e home tan ilustres e tan merecentes de canto se faga ou se diga dos dous. E penso tamén que menos mal que chegou o de Carvalho Calero, xa que logo así poderá disimularse o feito de que esta cidade, que veu nacer a Concepción Arenal, xa é que non pase de longo polo bicentenario da súa chegada ao mundo, senón que semella que por estas terras, o que se dí facer o ridículo non doe moito. Dó, en calquera caso, é o que tiña que sentir máis de un, e non os mento porque, aló mellor de seguro, non paga a pena. 
Ao menos teñen a ben elixir algo noviño –relativamente, e digoo pola Praza de España, tan espantallo hoxe coma cando se fixo, por moito deseño paixasístico que se quera– e non, por exemplo, que pensaran na rúa Rubalcava, ou na de Lugo, ou na do Carme (e paro), xa que iso si que tería que ser estudado. E non penso con elo no feito de mudar os seus nomes, senón no aldraxe que sería para tan vencellados persoeiros á nosa cidade que, para lembralos, buscasen rúas polas que circular ou transitar –non queda outro remedio– fora unha dor. Así que, vendo o panorama, ou como dicía un benquerido maestro meu “a vista de paxaro”, a este vello –en máis dun sentido, xa saben– dóenlle non só ouvidos e ollos, senón tamén pernas e pés, e non falo xa do meu “vello” coche, que o pobre xa non está pra bailar e pouco, ou nada, pode queixarse por non seren máis cun obxecto, aínda que ben que o sinte entre bache, furado, badén artístico e escuridade pola que transita. E así pasamos o tempo. Falar, xa saben, non ten cancelas, sobor de todo cando nada se fai.

Por outras prendas estamos a esperar

Te puede interesar