Soria

Esta non será a última reforma do sector eléctrico. O ministro de Industria fixo malabares, pero nin por asomo garante tarifas máis baixas para as familias, nin para uso industrial. Máis gastos para os cidadáns e menos competitividade para as empresas.
Realmente, pretendía Soria acoutar unha herdanza de Aznar.
A “liberalización” do sector de 1997, que provocou un enorme pelotazo enerxético, acompañado de privatizacións de grandes empresas públicas e que agora son un problema de país.
A suposta “auto-regulación do mercado” é unha falacia; son palabras da propia patronal AEGE española.
Sectores estratéxicos como o da enerxía deben ser de titularidade pública, de todos os cidadáns.
O PP é hoxe o principal problema para a nosa economía. A derrota das súas políticas unha necesidade para saír da crise. É cuestión de sentido común. Cuestión de Estado.

 

Soria

Te puede interesar