Provocadores

Case sempre que se producen manifestacións e aglomeracións, soe haber polo medio certos elementos provocadores que tratan de botar leña ao lume, para conseguir que se produza algún feito irreparable. É a táctica de fabricar mártires, empregada por elementos adestrados para “tirar a pedra e esconder a man”. Lembro a xustificación daquel revolucionario que, respondía aos reproches pola morte dalgún inocente, dicindo: ”non hai tortilla sen ovos rotos”. Por parte dos verdadeiros responsables das desfeitas, a  xustificación é a de : “Son daños colaterales”. Coido que por aí están comezando a se desenvolver os sucesos en Cataluña. Xa teñen algúns “mártires” na cadea e no estranxeiro, pero como a repercusión en Europa non é a que esperaban, intentarán que haxa algún morto para poñelo de “estandarte”. Oxalá me equivoque, pero temo que non tarde en ocorrer algo grave e pague “o pato” calquera inocente. Alguén terá que tomar unha decisión xa. E oxalá que acerte.

Provocadores

Te puede interesar