Asasinato

Case a cotío, os xornais ofrecen as novas doutra muller asasinada e axiña, xorden actos de protesta por “un novo crime machista”. Pero ademais das protestas compre facer algo máis para afondar nesta traxedia, porque con chamarlle machista ao asasino non abonda. Coido que, un estudio serio sobre este tema, chegaría á conclusión de que, eses asasinos non teñen nada de machistas. A lo menos non, nun dos sensos que o noso dicionario lle da ao termo macho: “masculino, varonil, robusto e valente”, aínda que tamén o define como “fillo dun burro e unha egua”. A min paréceme que maltratar a unha muller, que se supón inferior en forza física, non é nada valente, senón máis propio dunha besta covarde. Xa que logo, hai que deixarse de eufemismos e chamar ás cousas polo seu nome. Ademais hai que saber por que un ser humano chega a ese estado de degradación e, se non é a propia sociedade a culpable; porque chamarlle crime machista, non é unha solución. Digo eu, claro.

Asasinato

Te puede interesar