Ábrese a mostra colectiva dos mellores traballos do curso de artes plásticas de Valdoviño

Este mesmo martes celébrase o acto de inauguración aberto ao público
Ábrese a mostra colectiva dos mellores traballos do curso de artes plásticas de Valdoviño
Unha das clases de Manuel Carballeira | CEDIDA

A Casa da Cultura de Valdoviño estrea este mesmo martes a exposición colectiva dos alumnos e alumnas da aula de artes plásticas municipal. O encontro, que estará aberto ao público, comezará ás 18.30 horas e contará coa participación da concelleira de Cultura Rosana García, así como do pintor Manuel Carballeira, que se ocupou da docencia.


O público asistente achegarase a unha escolma dos mellores traballos realizados semanalmente polo alumnado, dende os máis pequenos aos maiores, no espazo creativo habilitado no local social de Loira. Unha vez superado o acto de inauguración, a mostra poderá visitarse até o venres 27, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 horas. 

Ábrese a mostra colectiva dos mellores traballos do curso de artes plásticas de Valdoviño

Te puede interesar