Ortigueira e Narón acollerán unha unidade de doazón de sangue

Ortigueira e Narón acollerán unha unidade de doazón de sangue
As unidades móbiles estarán operativas mañá e o mércores I CEDIDA

A partir de mañá unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos de Sangue (ADOS) estará operativa nas inmediacións do novo centro de saúde de Narón. O vehículo estará dispoñible en horario de mañá e de tarde, desde a las 9.30 ata as 14.30 horas e de 15.30 a 21.00.


No caso de Ortigueira será o mércores 28, diante do edificio de Servicios Sociais. Neste caso, o horario de mañá será de 10.00 a 14.00 horas e, pola tarde, de 16.00 a 21.00.


Dende ADOS recordan a necesidade de almorzar se se vai durante o primeiro turno e, no caso da tarde, levar máis de dúas horas sen comer no momento da extracción. Para poder doar deberase levar tarxeta de doante e un documento identificativo

Ortigueira e Narón acollerán unha unidade de doazón de sangue

Te puede interesar