As bandas da Rockschool Center fan vibrar a sala Guión

Os nove grupos musicais da Rockschool Center suben ao escenario da sala Guión de Pontedeume para amosar o repertorio traballado durante os últimos meses, conformado por cancións coñecidos e por temas creados polos integrantes
As bandas da Rockschool Center fan vibrar a sala Guión
“Blackstorm” foi unha das agrupacións que se subiu ao escenario da sala de música | Cedida

O pasado sábado, a sala Guión de Pontedeume albergou o concerto dos combos da Rockschool Center, escola de música con sede en Narón e Ferrol. Estas combinacións de instrumentistas da escola ofrecen ao alumnado a posibilidade de formar un grupo musical. 

 

Cada curso, estas formacións participan tanto nas exhibicións de final de trimestre da escola como en actuacións en salas de concertos.

 

Reencontro coa sala Guión
 

A sala Guión é xa un espazo habitual para estes grupos, sendo este sábado o terceiro ano consecutivo que a visitan. Durante a xornada, os grupos “Revolvers”, “Dramp”, “Blackstorm”, “Heavy Rain”, “Shadow Rockers”, “PetaZetas”, “Royal 5”, “Lithium” e “Dragonflies” pisaron o escenario cun repertorio que combina temas coñecidos con composicións propias.


Un dos nomes que contribúe a que todo isto sexa posible é o de Airán Beltrán, músico e mestre na escola que se encarga de impartir a aula de combos, así como clases de baixo e de guitarra. Xusto antes de dar paso ao primeiro grupo da xornada, anunciaba con fachenda o progreso da escola: “cando empezamos eramos 20 e agora somos o dobre”.

 

Un desenvolemento vital


O docente e músico non concibe a aula de combos como unha vivencia unicamente musical, senón que se trata dunha “experiencia esencial a nivel vital, xa que te posiciona en ter que atoparte a ti mesmo convivindo cos demais e buscando harmonía entre todos”. 

 

Describe esta harmonía como “a búsqueda da unidade a través das diferenzas”. Destaca tamén como o alumnado, especialmente o máis novo, “afórranse moitas das problemáticas que hai ao montar un grupo e aprende a relacionarse co resto e a manexarse a nivel técnico en espazos e salas”.

 

 

Esta aprendizaxe esténdese tamén a el mesmo, pois afirma que neste tipo de clases grupais “é o profe o que máis aprende”. As idades dos integrantes dos combos son bastante diversas, mentres que o alumno máis novo ten 10 anos, o de maior idade está xubilado.


Sen dúbida, formar parte dun grupo resulta unha experiencia enriquecedora para cada un dos integrantes, así como a de tocar en salas. Candela Orbaneja, integrante do grupo “Shadow Rockers” describe os combos como un lugar seguro no que é feliz con xente que comparte o gusto pola música.

Rockschool 20144092
Un momento dos concertos que puxeron fin á actividade docente | Cedida

Braulio López forma parte da banda “Blackstorm” e confiesa que se uníu aos combos “por probar” e “sen expectativas”, pero que lle axudou a coñecer a boas persoas e a superar o medo escénico. Aprecia que non aprende só música, tamén valores da vida, confirmando así que Airán Beltrán cumple os seus obxectivos como mestre. Tras a actuación, deixa de manifesto que “a experiencia de subir a un escenario e ver como a xente disfruta da música que tocas é incrible”. 

 

“ A experiencia de subir a un escenario e ver como a xente disfruta da música que tocas é incrible”
 

As bandas da Rockschool Center fan vibrar a sala Guión

Te puede interesar