O folclore internacional abandona as prazas e rúas de Pontedeume até o ano que vén

Nesta 36 edición particioaron agrupacións de Senegal, Polonia e Murcia
O folclore internacional abandona as prazas e rúas de Pontedeume até o ano que vén
Unha das actuacións do festival, na entrada da vila | CEDIDA

As melodías e danzas tradicionais de Senegal, Polonia e Murcia veñen de estar moi presentes por distintos puntos de Pontedeume, entre o venres e o sábado, na celebración dunha das citas máis consolidadas na localidade, o Festival Internacional de Folclore. Con esta cumpriuse a edición número 36, que se despediu onte cun sorteo de agasallos na praza de San Roque.


Este foi un dos principais escenarios do encontro, onde se situou a cantina e actuaron os grupos participantes deste ano, onte para animar unha sesión vermú e o primeiro día, pola noite, no marco da Gala Internacional.


Os protagonistas foron o ballet folclórico Jammu que, aínda que ten a súa sede en Dakar, nel inclúense músicos e bailaríns de todas as etnias do país, como os Wolof ou Lebu, por exemplo.


Por outra banda veu o conxunto de canto e danza Lany da Universidade de Ciencias da Vida de Poznań, en Polonia, que leva á escena bailes nacionais e tamén de 15 rexións distintas.


Ademais participou Coros y Danzas Francisco Salzillo de Cieza, de Murcia, que tamén percorreu onte a vila pola mañá coa AFC Orballo, organizadora do festival, antes de amenizar o mediodía en San Roque xunto ao resto de agrupacións. 

O folclore internacional abandona as prazas e rúas de Pontedeume até o ano que vén

Te puede interesar