Víase vir

De lonxe e de preto. Víase vir o deterioro da Avenida de Vigo, por ser unha vía que soporta un tráfico moi superior ás súas posibilidades, de tal xeito que a utilización das beirarúas por camións, furgóns de reparto e automóbiles de toda caste é unha constante neste deteriorado espazo. 


Como é natural, esta situación ocasiona niveles de ruído e de contaminación que inciden negativamente na calidade ambiental, por non falar xa directamente da saúde dos viandantes, obrigados a camiñar –cando se pode –sobre beirarrúas desniveladas, rotas e afundidas que xa ocasionaron caídas, algunha con fractura de vértebra incluída, como no meu caso.


Agora o piso afundiuse e as fochancas sinaladas con algúns trebellos máis ou menos axeitados, están agardando unha solución que, é de temer van consistir nuns pegotes máis ou menos “artísticos”, porque a verdade é que, a cousa non ten un amaño sinxelo. Aliviar a carga circulatoria desta rúa é unha fazaña digna dun bo xestor. E aquel que o amañase, bo amañador sería. Non si?

Víase vir

Te puede interesar