Tomémolo en serio

Cada ano o 26 de Xulho conmemorase o dia mundial dos mangleiral. O mangleiral é un bosque leñoso, característicos dos países tropicais e subtropicais, que teñen a capacidade de prosperar, em unhas condicións adversas, sobre todo no tema da propagación e dispersión das súas sementes. Ademais esta dureza é debida, a que  habitan em augas salgadas e chans anaeróbicos. Mais a pesar disto, estes bosques, están dentro da escala dos máis produtivos do planeta, tendo nos seus habitats, mais de mil especies de fauna e case 100 especies de flora. Hai que sinalar, que o mangleiral so representan o 4% do territorio do planeta, mais nel habita, case o 40% da poboación mundial. Estes territorios, son grandes centros da biodiversidade do planeta, ademais de ser un autentico sumidoiro do CO2 da atmosfera. 
 

Xunto a isto, estes bosques leñosos actúan minguando a forza das tormentas e furacáns, protexendo os territorios terrestres cos que limitan, das inundacións severas. Estudos de varias universidades demostran, que o cuidado e protección do mangleiral, sae máis económico, que construír diques rompe olas, para frear a forza dos ventos e protexer das inundacións. Por outro lado, son tamén grandes fertilizantes dos chans e ademais, teñen un papel fulcral, na redución e mitigación do cambio climático. 
 

A pesar de coñecer todo isto, as autoridades públicas, quer locais quer mundiais, nom están polo labor de protexelos e mantelos. O mangleiral  a día de hoxe, está em severo retroceso por acción do ser humano e por acción do cambio climático producido polas sociedades do primeiro mundo.  Aínda que a súa perdida está indo máis a modo desde 1980, nom cabe dúbida, que a deforestación que sofren xunto con outros factores, está asegurándolles un negro futuro. A comunidade científica xa datou a súa posíbel desaparición total, para finais deste século. Em Honduras desde 1980 perderon un 68% do mangleiral. En Vietnam perderon o 54% destes ecosistemas. 
 

Cómpre sinalar, que estes dous países, son con toda posibilidade, os maiores produtores mundiais, de cultivo de langostinos. Porque é este produto tan adorado nas nosas casas e na hostalería do mal chamado primeiro mundo, un dos principais causantes da perdida do mangleiral.
 

Xunto coa importancia destes bosques medio ambientalmente, hai que sinalar, que o seu deterioro está a producir perdas polos servizos ecosistémicos que deixan de  realizar, de perto 900 mil millóns de $ americanos ao ano. Por todo isto as galegas, debemos intentar axudar na conservación destes grandes centros de biodiversidade e riqueza ambiental, os cales, están a demostrar, que son fulcrais na loita contra o cambio climático. As galegas debemos intentar reducir em todo o posíbel, o consumo de langostino de cría, e apostar por especies locais de produtos do mar, as cales sexan collidas, coas artes de pesca de toda a vida.
 

Con certeza que a protección do mangleiral, é  unha cuestión a tomar en serio.

Tomémolo en serio

Te puede interesar