O 1 de febreiro a ONU comunicaba no seu portal de noticias, o problema dos restos dos insumos sanitarios usados para tratar a Covid-19, os cales, estaban a coller tal magnitude e gravidade, que xa é un risco non so para a natureza senón tamén para a saúde das persoas e sobre todo tamén, un risco para as propias traballadoras sanitarias. O informe fala de que os 140 millóns de kits de probas, puideron xerar, perto de 2.600 Tm de residuos principalmente plásticos e perto de 731 mil litros de químicos, mentres que os 8 mil millóns de doses de vacinas, xeraron máis ou menos, 144 mil millóns de Tm de xeringas agullas e caixas de seguridade. Todo isto sen contar os xeles, os tapa bocas, etcétera. Ademais este informe fala, de que perto do 30% dos centros sanitarios do primeiro mundo, non están equipados suficientemente para tratar estes residuos e no mundo menos desenvolvido, o informe fala, de que a cifra sube ata o 60%, sendo isto un perigo tremendo para o persoal sanitario.
O motivo de que conte todo isto, é que o tratamento dos residuos sexan do tipo que sexan, esta a ser un problema de primeira índole, ademais de ser unha das causas do desastre ecolóxico.
Aínda que nós no tema dos residuos sanitarios pouco podemos facer a excepción nos tapa bocas, xa que, podemos compralos de larga duración, no tema dos residuos diarios si termos capacidade de actuación.
É indubidábel que o consumo de plásticos en forma de bolsas reduciuse tremendamente, máis isto é algo insignificante na problemática que esta a supor o plástico no planeta. Máis pola contra, esta redución de bolsas plásticas, trouxo consigo un aumento exponencial do consumo de papel. Cabe sinalar, que o consumo de papel que facemos soamente no mal chamado primeiro mundo supón o 60% da deforestación dos bosques do planeta. Cabe sinalar que esta deforestación, é a principal causa da Covid-19 e das posibles futuras pandemias que poidamos sufrir, debido a que estamos a acabar coas barreiras naturais que nos separan dos patóxenos dos animais.
Por todo isto é fulcral, que cando fagamos as nosas compras, volvamos aos sistemas que non fai tanto tempo tiñamos na Galiza, como é levar as nosas bolsas lavables para a compra, as bolsas de tela para o pan ou os tuppers para certos produtos . Ademais hoxe en día, termos en case todos os barrios, tendas de produtos a granel sendo estes unha boa alternativa para evitar residuos de embalaxes.
Xa para rematar, aínda que os cambios teñen que vir de arriba da pirámide do poder, é vital que nós a xente da rúa, tomemos conciencia e fagamos coas nosas decisións presións aos políticos, para que estes cambien o rumbo e empecen a tomar as decisións correctas, que favorezan de verdade o noso medio ambiente.