Stop aos acordos de libre comercio

humanidade estamos a vivir un momento histórico onde as decisións que se tomen, as cales deben ser tomadas xa, dependera a nosa propria existencia como especie. Con certeza o planeta seguira funcionando e se nós nos extinguimos, seguramente outra especie erguerase como especie dominante. A vida vai seguir, xa que a raza humana é unha pequena gota no océano, aínda que o dano que estámoslle a facer ao planeta e sobre todo a nós mesmos é tremendo.


Xa desde fai máis de medio século que se sabe que o sistema de vida occidental traería a hecatombe ao planeta e consecuentemente as nosas sociedades. O capitalismo basease nun consumo ilimitado dos recursos do planeta os cales, como non, saen da natureza, en un planeta limitado ou se o preferides finito. Un sistema que ten un principio e unha fin, sendo esta a nosa propria auto-destrución. E non quero que pensedes que son moi negativo, máis o que estamos a comprobar polas decisións que están a tomar os políticos dominantes, demostran que o único que se busca e salvar o capitalismo sexa como sexa. Dinos que están a facer cousas, a pórse as pilas, a facer os deberes, mais un so ten que entrar en internet e comprobar como por exemplo a UE, a cal gústalle presumir de ser a alumna avantaxada en políticas que buscan mitigar o cambio climático, podemos comprobar repito, que seguimos por exemplo a deforestar A selva amazónica, outras partes de Sur América, Indonesia ou África a base de acordos de libre comercio cuxo única finalidade é beneficiar exclusivamente o agro-negocio e o extractivismo europeo e mundial ademais de promover a externalización de diferentes actividades.


Un exemplo disto esta en Paraguai, onde séguese a deforestar incluso ilegalmente e onde por exemplo, as principais empresas da auto-moción europeas, teñen unha parte importante de responsabilidade nesta deforestación, por sus negocios co coiro paraguaio. A rexión do Chaco, onde atópanse os derradeiros colectivos indíxenas non contactados, fogar de xaguares e osos formigueiros xigantes, están a ser ameazados pola destrución do seu ecosistema.


Ademais a UE e os seus acordos con Mercosur de libre comercio, están ademais de destruír os ecosistemas e influír no avance do cambio climático pola perdida desta biodiversidade, están a favorecer repito, a crise alimentaria. Ata o 2018 Mercosur( Arxentina- Brasil-Paraguai- Uruguai) exportaban perto das 270 mil Tm de carne. No 2022 a selva virxe de Brasil “O Amazonas” alcanzou o seu máximo histórico en deforestación, sendo a UE un dos responsábeis desta desfeita. Hai que dicir que os países que forman Mercosur ( Arxentina-Brasil-Uruguai-Paraguai) son exportadores de produtos básicos de xeito intensivo quer en consumo de recursos quer na propia exportación, o que esta a agravar, a crise social, económica e medioambiental do planeta e sobre todo estas tres crises están a agudizar as desigualdades nestes países. E incríbel como sendo estes países grandes produtores de alimentos básicos e esenciais, as desigualdades sociais no tema do acceso os alimentos son cada vez maiores e como esta a avisar as FAO E PMA( programa mundial de alimentos da ONU), nos próximos anos, pode haber unha grande crise alimentaria nos países de Mercosur. Porque mentres déselle prioridade aos inxentes beneficios destas 3-4 grandes compañías mundiais do agro-negocio en vez das persoas, as comunidades locais e a natureza, seguiran a sufrir tremendas desigualdades colectivas e económicas, seguiremos a agravar o kaos medioambiental no que esta sometido o planeta, en definitiva seguiremos a sufrir o que realmente significa o capitalismo: “A concentración da maior cantidade de riqueza posíbel en mans de unha minoría, sen importar os custes sociais económicos e medioambientais que supón, dita acumulación de capital. 


Xa para rematar, cabe sinalar que non podemos ver o problema do Amazonas, soamente como un problema de extracción de recursos e deforestación para a produción de alimentos cara a occidente, xa que como di a comunidade científica, como din as expertas nestes temas, o que imos a facer é, que estes problemas trasládense a outras zonas, como xa pasou, co outro gran pulmón do planeta como é Indonesia o cal, para reducir a actividade extractiva e a desfeita que producía dita actividade na Amazonía, intensificouse de xeito continuada a súa deforestación. As expertas xa están a avisar de que Africa, vai ser e esta a ser xa, o seguinte obxecto de desexo polo agro-negocio e o extractivismo ademais da externalización de certo tipo de actividades.


Termos que ver o problema dos bosques virxes de Sur America, America central, Indonesia ou África, como un problema do xeito de vida occidental, o cal basease, nun modelo de consumo totalmente insostíbel, tamén como non, no tema da alimentación. Un occidente, unha UE que desde fai anos aprendeu dos EUA, a externalizar todo aquilo que non quere nas súas fronteiras: Residuos nucleares, lixo ( na actualidade sobre todo o electrónico, o cal, está a supor unha nova desfeita medioambiental nos países receptores deste lixo) e como non, a produción de certo tipo de alimentos, os que con levan inxentes consumos de recursos e inputs de todo tipo e a produción require ser de xeito industrial-intensivo.

Stop aos acordos de libre comercio

Te puede interesar