Go gallo da invasión rusa sobre a Ucraína estase a falar moito sobre o presidente ruso, sinalándoo como un individuo capaz de todas as maldades. No serei eu quen defenda a ese agresivo elemento, xa que considero que non hai motivo ningún para comezar unha guerra que está causar tantas perdas de vidas humanas. Independentemente das causas de tipo político, ideolóxico e demais, que o señor Putin puidese alegar, paréceme unha simpleza concretar nunha soa persoa a responsabilidade da tanta barbarie. Coido que a situación, salvando as diferenzas de todo tipo, poderíase comparar coa nosa guerra “incivil”, na que toda a culpa se lle botou a Franco e se lle segue a botar, por parte de aqueles aos que non convén que se mire para outros. Porque coido que nese tipo de desastres, nunca hai un só responsable, senón moitos máis, por exemplo, as grandes fortunas ou o clero, que saben “escorrer o vulto” e aproveitar o “río revolto”. Paréceme a min, claro, mais se cadra estou nun erro, non si?